top of page
portada.jpg

QUE É ASBEL?

Asbel nace da necesidade de crear na Parroquia de Beluso un elemento dinamizador que axude a potenciar e mellorar a vida da zona, e sobre todo promover a participación veciñal como motor impulsor da mesma.

​

Crear un hábito de traballo con inquedanzas, solidario, que dedique parte do seu tempo a mellorar a nosa contorna, con ilusión, esforzo e de maneira altruísta.

Students

Todos os obxectivos primordiais de ASBEL se resumen no desexo de mellorar como comunidade, tanto a nivel infraestructural como de igual xeito a nivel social, e sempre ambos interactuando entre si.

DINAMIZAR a actividade de Parroquia.

FOMENTAR  a participación veciñal.

MOTOR IMPULSOR de ideas e proxectos.

POTENCIAR o crecemento de Beluso.

DEFENDER os nosos dereitos e intereses.

As actividades contribúen a crear identidade de parroquia, para que os/as veciños/as esteamos cada día máis orgullosos/as de vivir nela.

VALORES

cross cabo udra 2019001.jpg
IMG_20210111_165712.jpg

O principal valor de Asbel radica na necesidade de querer contribuír, creando un espazo de reciprocidade onde uns/unhas nos axudemos aos outroas. Potenciar e recuperar o sentimento de apego cara a nosa parroquia e entender como un deber o querer mellorala e facela máis importante na rutina diaria da comunidade.

​

Buscar o ben común, coidar os recursos naturais, coñecer a nosa historia, sentirnos orgullosos da nosa cultura e tratar de conservala é o maior dos tesouros que podemos alcanzar como persoas e sociedade.

​

 

OBXECTIVOS

bottom of page