top of page
IMG_20200919_084751.jpg

Proxectos

Dende Asbel insistimos, unha vez máis, na importancia que ten para nós poder contar con socios/as que leven a cabo os seus propios proxectos. Entendemos que esta é a mellor maneira de traballar e de que saian adiante un gran número de proxectos que realmente melloren as condicións da parroquia.

Canto maior sexan o número de ASPAS maior ENERXÍA para Beluso

ELEMENTO DINAMIZADOR

Buscando un símil, Asbel pretende ser un muíño de vento que dea enerxía a todo Beluso. O eixo do muíño está representado pola Xunta Directiva, co apoio que pretende dar, e as aspas as conforman a actividade veciñal cos seus proxectos de comunidade.Estamos comenzando a dotar de aspas o noso muiño.

Anímate a colaborar e a dar forma a túa aspa!!

trabajo-en-equipo.jpg

A continuación podedes ver os proxectos nos que xa estamos traballando:

PROXECTOS EN MARCHA
foto.jpeg
CORRESPONSÁIS

Trátase dun grupo de voluntarixs distribuídos por diferentes puntos da nosa parroquia,que están en contacto cos veciñxs para recoller os problemas ou necesidades que presenta a zona onde residen.

CROSS CABO UDRA
O Cross Cabo Udra é un evento deportivo e social que se ven organizando dende o ano 2016 no entorno de Chan de Esqueiros. Nace coa idea de recuperar na parroquia un evento tan importante como era o Cross de Beluso.
TRAIL DO NOCEDO
O Trail do Nocedo é un evento deportivo que naceu no ano 2022 e que transcorre polos montes da parroquia de Beluso. Dentro da súa organización destaca a posta en valor da riqueza e patrimonio cultural da zona: pesca, muiños, salgas, ........
disfRUTA
Trátase dun programa de rutas onde acompañamos os/as veciños/as por diferentes puntos da parroquia. O interesante deste programa é que é o propio/a veciño/a o que nos leva e nos ensina. As rutas poden ser culturais, deportivas, gastronómicas, .....
O RECUNCHO LECTOR
Trátase dun proxecto onde poder conxugar a afección pola lectura dunha forma social e colectiva, tendo o debate como motor impulsor do mesmo.
OS 12K DE UDRA
Os 12K de Udra é un proxecto que busca organizar e sinalizar unha serie de circuítos pola contorna de Chan de Esqueiros (Udra) coa fin de que os/as veciños/as dispoñan dunhas zonas marcadas para facer deporte: correr, andar ou bicicleta.
MEMORIA HISTÓRICA
Trátase dun proxecto que busca recuperar e organizar a historia social, cultural e patrimonial da nosa Parroquia. A idea é estruturala nun arquivo on-line que esté o acceso de toda a comunidade a través de calquera medio dixital (ordeador, móvil....).
ECOHORTA BELUSO
Trátase dun espazo amplo que se vai a dividir en 3 zonas e que vai dirixido ao cultivo e consumo familiar, a labores educativas e a accións de carácter social.
bottom of page