Organización
Asbel é unha asociación veciñal que ten como principal valor son os/as socios/as e que ten como obxectivo promover a colaboración entre eles/as nos diferentes proxectos que se levan a cabo. A intención de asbel é que os/as veciños/as poidan desenrolar os seus propios proxectos e que haxa outros/as socios/as que queiran axudalos tanto a nivel organizativo, como estrutural ou económico.
Para iso, asbel conta cunha Xunta Directiva e unha Asemblea de socios/as.
A Xunta Directiva é o órgano de representación da asociación. Levará a cabo os seus proxectos, pero a súa labor máis importante será facilitar o apoio necesario para que os/as socios/as poidan desenrolar tamén os seus propios. Dentro deste apoio, Asbel coordinará unha oficina de voluntariado onde, en función das prioridades de cada voluntario/a, poidan axudar e participar deses proxectos.
A Xunta Directiva está conformada nestes momentos por varios/as veciños/as de Beluso e conta con 6 vogáis, unha tesoureira, un secretario, unha vicepresidenta e un presidente.
XUNTA DIRECTIVA
ASEMBLEA
A Asemblea a conforman todos/as os/as socios/socias de Asbel, incluida a súa xunta directiva. O seu principal obxectivo é velar polo cumprimento dos Estatutos e o correcto funcionamento da Asociación.
Este órgano é o máximo responsable na toma de decisións sobre calquera cuestión relacionada co desenrolo da asocación.