top of page
IMG_20210111_164659.jpg

Cómo Asociarse

QUE SE NECESITA?
Asbel busca que todos/as os veciños/as poidan decantarse polas propostas que mellor lle encaixen, é dicir, que poidan elixir aqueles campos ou proxectos que máis lle poidan atraer, por iso se elaborou un formulario de inscrición personalizado. ​
 
Ser socio/a de Asbel supón colaborar como ti queiras e no que ti queiras. Únicamente terás que cumprimentar o formulario de inscrición e presentalo a través dos diferentes medios que ofrece a asociación. En Asbel non existe cuota económica, nin inicial nin periódica. Valoramos moito a actitude positiva dos/as nosos/as socios/as, como o seu sentimento de pertenza e o seu desexo de axudar a mellorar as condicións da  parroquia.
Los voluntarios del envasado de alimento

“Traballar de forma conxunta fortalece a relación de todos/as nós,e iso é garantía de éxito para Beluso.”

COMO COLABORAR?

Asbel ofrece varias posibilidades para poder colaborar. Como comentamos con anterioridade a nosa intención é que cada un/unha poida estar a gusto na súa labor de socio/a.

​

A continuación vos presentamos as diferentes posibilidades de colaboración:

​

Reflexionando
Voluntariado
Proxectos
Corresponsais
Doazóns
Xunta Directiva
positive-t004-512.png
Voluntariado
Esta figura está pensada para aqueles socios/as que non teñen en mente levar a cabo un proxecto. O que sí que terán é a posibilidade de axudar  a outros/as socios/as que si teñan ilusión en sacar adiante o seu, podendo colaborar no mesmo a nivel estructural ou organizativo.
Estes/as voluntarios/as pasarán a formar parte dunha base de datos onde se recollerán as súas preferencias. No momento que xurda algunha iniciativa que se axuste a esas preferencias, a Xunta Directiva se porá en contacto con eles/elas.
​
​
images2_edited.png
Proxectos
Para Asbel a existencia desta colaboración é fundamental. Aqueles/as socios/as que teñen un proxecto e que por falta de apoio ou cobertura legal non se animaron a poñelo en marcha, teñen a súa oportunidade aquí. Estes proxectos deben cumprir uns pequenos requisitos  e que están suxeitos ao carácter social e de benestar da veciñanza. Unha vez revisado e aceptado o proxecto, varios membros/as da Xunta Directiva prestarán o seu apoio para que este se leve a cabo.
Proxectos
​
Podes consultar na pestana de proxectos para ver o tipo de actividades que neste momento se están levando a cabo.
gratis-png-fotografo-periodista-de-fotog
Corresponsais
Colaborar con Asbel como corresponsal implica facer de nexo comunicativo entre a asociación e os/as veciños/as dun barrio en concreto. Este/a socio/a estará en contacto cos seus veciños/as e trasladará as súas necesidades e inquedanzas á asociación.
​
A nosa idea é poder cubrir zonas tales cómo a Rúa Nova, Montemogos, Sar, A Rosa, Cabalo, Vilar, Bon, Chan de Piñeiro, Figueirón,  A Chadiza, Praia de Beluso...
Doazóns
Esta colaboración está pensada para aqueles/as socios/as que desexen axudar a través dunha doazón económica. Para iso, a asociación proporcionará varias opcións de ingreso e o/a socio/a elixirá a que mellor se axuste as súas posibilidades e á cantidade coa que desexa colaborar. Para nós toda axuda é importante por pequena que sexa
​
donacion_edited.png
Doazóns
Xunta
images_edited.png
A Xunta Directiva é o órgano de representación da Asociación, e entre as súas funcións podemos destacar principalmente as seguintes:
- Supervisión dos proxectos presentados
- Organización da Oficina de Voluntariado
- Tramitación contable e administrativa
- ......
Xunta Directiva
bottom of page